|
|

|
01/03/2010
Obradoiro de linguaxe non sexista.
Durante todo o mes de marzo, para conmemorar o Día da Muller Traballadora, o Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística desenvolverá uns obradoiros de linguaxe non sexista.
Os obxectivos principais destes obradoiros son o de procurar a utilización dunha linguaxe cun tratamento igualitario entre homes e mulleres e o de loitar contra os estereotipos lingüísticos sexistas e as expresións androcéntricas na linguaxe.
As persoas asistentes aos obradoiros poderán identificar os caos de uso sexista da linguaxe e disporán das ferramentas axeitadas para evitalos. As sesión desenvolveranse de xeito práctico, centradas fundamentalmente na análise de documentos reais.
Os obradoiros terán unha duración de 6 horas repartidas en varias sesións e desenvolveranse en Baio, Zas e Fornelos.
Máis info: Contactar co SNL do Concello de Zas.
|
|
|
|
25/02/2010
Vial Zas Romelle e Forcadela
O Concello de Zas recibe unha nova axuda, ademais do POS coñecido esta semana, da Deputación. Unha axuda enfocada á mellora e seguridade viaria na CP 9302, no tramo que vai de Zas a Romelle e Forcadela, entre os puntos quilométricos 0,470 e 0,700.
O Orzamento é de 121.130,09 euros.
Así, xúntase coas axudas do POS; que irán enfocadas a Mellora de camiñós en en Lama, Loroño e Muiño; Pazos, Roma e Brandomil; Allo, Lama e Gándara; e mais Mira, Carreira e Meanos. O orzamento total do POS 2010 é de 318.623,01 €.
|
|
|
|
23/12/2009
BO NADAL
Dende esta páxina, desexamosvos un bo nadal e aninovo. |
|
|
|
29/09/2009
O Concello de Zas marcha de Neria.
O Concello de Zas aprobou logo do acordo entre os catro partido políticos para darse de baixa en Neria.
Tanto os comentarios do alcade Manuel Muiño “É o sentir da mairía dos vecinos” do vocal do PP Pedro Osende “A idea está perfectamente plasmada no texto da moción” , e do vocal do PSOE José Luis Accion “Parece que según nos seus trece chleando a decisión do Concello” indicaban o seu mal estar polas palabras do presidente de Neria Ramón Vigo solicitando á Xunta a instalación da ITV en Cee. Soamente fixeron falla uns minutos para ler unha moción que calificaba de intolerables as palabras do presidente de Neria.
Os catro grupos piden a súa dimisión e vinculan a baixa do municipio á permanencia de Ramón Vigo no cargo. Segundo Muiño, cando o o Ceense deixe o cargo, estudarase a reincorporación do concello á asociación.
Tamen se deron de baixa o vocal do PP (Pedro Osende) a título particular e o empresario José Rodríguez Eiroa.
Tamén se fixeron públicas o investimento de 700.000 € que o Concello ten previsto en canto a materia de saneamento se refiere.
Da cantidade total, 607.000 € proceden da Deputación e algo máis de 90.000 € do propio Concello.
- 200.000 € para a instalación da rede de saneamento en Meanos
- 199.000 € para a ampliación das redes en Baio Pequeno, Agreanas, Ventosela e A Costa
- 199.000 €,para a instalación dunha rede de colectores en Fornelos.
- Algo máis de 100.000 € para unha obra de similares características en Langueirón.
Ademáis o Alcade matizou que os fondos do Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación só poden destinarse a obras de traída de auga e saneamento.
Fonte: La Voz de Galicia. |
|
|
|
17/07/2009
Presentación da XXVI Festa da Carballeira de Zas
Un ano máis, os trasnos e fadas da Carballeira de Velar reuniranse na noite máxica do primeiro fin de semana de Agosto para escoita-los mellores grupos de música tradicional, que tocarán ó carón do río na tardiña. Despois, pola noite, déixanse enfeitizar polo folque das mellores bandas internacionais. Para acadar esta mestura de feitizo e troula non dubidan en rega-las súas gorxas con brebaxes feitas para a ocasión.
O cartaz e os grupos
A Festa da Carballeira celebrarase o 1 de agosto continuando a tradición de leva-la mellor música celta do mundo ao anfiteatro natural desta pequena vila do interior da Costa da Morte. Apresentouse esta sexta feira, 17 de xullo, na Casa do Concello de Zas e as estrelas foron a exposición do debuxo anunciador e a proclamación das bandas participantes.
O deseño do cartaz volveu ser obra do debuxante local Miguel Riveiro. E o agardado compoñente musical do festival repártese así: pola tarde tocarán e bailarán Asociación Cultural Castro Meda (organizadora do festival), Donaire, Maruxía e Ruote; pola noite subirán ao esceario fluvial Tejedor (Asturies), Muthenroi (Galiza), O Sonoro Maxín (Galiza) e Capercaillie (Escocia). A banda escocesa era a grande ausente do folque europeo nas 25 edicións anteriores e Lupe Nieto (presidenta de Castro-Meda) recoñeceu que "se quixeron traer de sempre".
Semana cultural
O alcalde, Lolo Muíño, anunciou unha semana cultural dende o 25 de jullo ata o 1 de agosto que reunirá actividades de moi diverso tipo parellas ao festival.
Nota medioambiental
A organización da Carballeira, que leva o peso do festival entre membros da A. C. Castro Meda e voluntarios da vila, fixo un chamamento para evita-la presenza de vidro en todo o entorno natural, e dará exemplo retirando tódalas bebidas embotelladas de venda ao público. |
|
|
|
12/07/2009
V Maratón de Fútbol 7
O Sporting Zas organizará o próximo 18 e 19 de Xullo o V Maratón de fútbol 7 de Loroño.
Inscripción: 100 puntos por equipo.
Premios:
- 1º: 1500 puntos
- 2º: 500 puntos
- 3º: 300 puntos
- 4º: 100 puntos
- 5º: 100 puntos
Teléfonos de contacto:
- 679438903
- 627325752
- 629748044
Sorteo día 17 de Xullo as 21:30 no campo municipal de San Andrés.
Mínimo de equipos: 25 |
|
|
|
|